Currie Cup
Tipo | competición de rugby a 15 |
---|---|
Epónimo | Donald Currie (mul) |
Organizador | South African Rugby Union (en) |
Localización e Datas | |
País | Suráfrica |
Vixencia | 1889 – |
Calendario da tempada | agosto – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
A Currie Cup é o campionato nacional de liga de rugby en Suráfrica. A competición está dividida en dúas categorías, a Premier Division cos 8 mellores equipos, e a First Division cos outros 6 equipos. A tempada regular do torneo comeza en xullo e remata en outubro despois de 14 xornadas, para deixar paso ás semifinais e á final polo campionato. O derradeiro da clasificación na Premier Division loita pola permanencia fronte ó primeiro clasificado da First Division ó remate da tempada.
A primeira edición disputouse no ano 1889, cando se fundou a Federación Surafricana de Rugby. Non é un torneo entre clubs, senón entre equipos representativos de provincias. O formato da competición ten cambiado varias veces ó longo da súa historia, aínda que o actual ten proxección para ser estable durante moitos anos.
O campionato tivo tradicionalmente 2 equipos dominadores da competición. Durante décadas foi o equipo de Western Province o que gañou ducias de ligas, aínda que dende a década dos 70 os Blue Bulls tomaron o relevo dese dominio.
Como no caso da ITM Cup neozelandesa, o alto nivel dos xogadores que participan nesta liga fai que poida ser comparada coas ligas europeas mais potentes, a Premiership inglesa, o Top 14 francés e a Pro12.
No Hemisferio Sur o calendario rugbístico está disposto de tal xeito que o campionato nacional de Suráfrica e o de Nova Zelandia non coincidan no tempo co potentísimo torneo do Super Rugby, que se xoga na primavera, de xeito que é normal que os mesmos xogadores que sobresaen na Currie Cup sexan chamados tamén para disputar o Super Rugby nalgún dos seis equipos surafricanos.
Na edición 2016, un equipo de Namibia participou na competición.
Equipos e situación xeográfica
[editar | editar a fonte]
Premier Division:
|
First Division:
|
Campións
[editar | editar a fonte]Por número de títulos:
- 33 - Western Province (4 compartidos)
- 23 - Blue Bulls (4 compartidos)
- 10 - Golden Lions (1 compartido)
- 7 - Natal Sharks
- 4 - Free State Cheetahs (1 compartido)
- 3 - Griquas Rugby
- 2 - Border Bulldogs (2 compartidos)